venres, 13 de decembro de 2019

LEDIGAL


O Instituto da Lingua Galega (ILG) presenta LEDIGAL, un novo recurso web que permite coñecer a variación sociolingüística no léxico dispoñible do galego, entendendo por léxico dispoñible aquel que se presenta na mente dos falantes de xeito inmediato e natural cando se trata de determinado ámbito temático.

A partir dos datos obtidos no traballo Léxico dispoñible do galego (2014), realizado por Belén López Meirama e María Álvarez de la Granja a partir de datos obtidos de 800 estudantes de segundo de bacharelato durante o curso 2008-2009, o ILG elaborou esta aplicación que che permitirá correlacionar os lemas e as variantes concretas escritas polas/polos estudantes con diferentes variables sociais e sociolingüísticas (lingua inicial, lingua habitual, nivel sociocultural, etc.). Para coñecer máis sobre o proxecto, preme aquí

Este artigo foi transcrito de xeito literal da súa fonte, o Consello da Cultura Galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario