venres, 13 de decembro de 2019

CONCURSO DE CURTAS SENDA DOS FAROS



A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convocaron o Concurso de Curtas Senda dos Faros.

Poderá participar con vídeos en lingua galega dunha duración máxima de 5 minutos o alumnado dos centros docentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que impartan ensinanzas sostidas con fondos públicos: ensinanzas de educación secundaria (ESO, bacharelato, formación profesional básica, ciclos formativos de grao medio) e ensinanzas especiais de grao medio.

Establécense tres premios para as tres mellores curtas (que inclúen a asistencia á proxección no festival de Cans), así como premios á mellor actriz, ao mellor actor e especial do público.

O prazo para solicitar a participación no certame rematará o 30 de xaneiro de 2020 e a data límite de envío dos vídeos será o 30 de marzo de 2020.

Pódese consultar a información completa na páxina web www.lingua.gal.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario