mércores, 11 de decembro de 2019

REFRANEIRO 'COA PALABRA NA BOCA'

 

O Centro Ramón Piñeiro fomenta o uso didáctico do refraneiro co libro 'Coa palabra na boca'.

 

Publicación de carácter didáctico en formato electrónico, dirixida a todos os niveis de ensino obrigatorio así como a persoas interesadas nos refráns e nos refraneiros galegos. Distínguese unha primeira parte teórica e outra posterior na que se propoñen diferentes actividades didácticas divididas por niveis de ensino. 78 debuxos de José M. Castro Méndez acompañan os textos.

 

Pódese descargar dende a páxina https://cirp.es.

Ningún comentario:

Publicar un comentario