SNL

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Miño comezou a súa andaina en maio de 2001. E leva funcionando dende aquela. Está situado na primeira planta da Casa do Concello, na rúa da Carreira, 38, no departamento de Administración xeral.
O seu principal cometido é a corrección dos documentos administrativos e o asesoramento de todos os traballadores/as do concello, aínda que tamén se ofrece asesoramento lingüístico á poboación miñense, ademais de información relativa a cursos e actividades relacionadas co galego.
Ao longo de todos estes anos leváronse a cabo algunhas actividades tanto nos colexios como dirixidas ao público en xeral.
Coa creación deste blog preténdese dar un pulo ao coñecemento do galego e das actividades que se relacionan con el no noso municipio.


Ningún comentario:

Publicar un comentario