venres, 13 de decembro de 2019

XXV ÁLVARO CUNQUEIRO PARA TEXTOS TEATRAIS, XI MANUEL MARÍA DE LITERATURA DRAMÁTICA INFANTIL E XIV BARRIGA VERDE DE TEXTOS PARA TEATRO DE MONICREQUES, EDICIÓN 2020


No DOG núm. 232 do 5 de decembro de 2019 publicouse a RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, e se fai pública a convocatoria para a concesión dos premios XXV Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, XI Manuel María de literatura dramática infantil e XIV Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, edición 2020 (código de procedemento CT214A).

Existirá un único galardoado por premio e no caso do Premio Barriga Verde, un por cada modalidade, coa seguinte dotación económica:
– Álvaro Cunqueiro: 8.000 €.
– Manuel María: 6.000 €.
– Barriga Verde (modalidade para rapaces): 6.000 €.
– Barriga Verde (modalidade para adultos): 6.000 €.

O prazo de presentación de orixinais estará aberto ata o 4 de maio de 2020.

Máis información no Portal da Lingua Galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario