luns, 24 de febreiro de 2020

LINGUA DE NAMORAR 2020

 
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingua e mais da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca unha nova edición deste concurso en liña de mensaxes de amor.

Está dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos que, para achegar as súas propostas, só terán que cubrir o formulario de participación

Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes de ata 350 caracteres escritas en lingua galega, ben en prosa, ben en verso.

O prazo para enviar as mensaxes remata o luns 9 de marzo.

Toda a información en https://www.lingua.gal


Xa temos gañadores e gañadoras do concurso!
“Retórica” (Nee Barros, Marín), “Primavera” (Ana Loureiro, Caldas de Reis), “Ao altar” (María Femenías, Foz), “Ataraxia” (Leticia Cid, San Cibrao das Viñas), “Un vinilo dos Dire Straits” (Denís Vicente, A Guarda) e “Fuxitivas” (Silvia Pérez, A Guarda).

Bótalle unha ollada ás mensaxes gañadoras no Portal da Lingua Galega
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario