luns, 24 de febreiro de 2020

II PREMIOS MIL PRIMAVERAS



A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) convoca a segunda edición dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego.

O obxectivo é difundir o labor ilusionante e necesario de promoción da lingua que desenvolven servizos de normalización lingüística, equipos de normalización e dinamización lingüística, asociacións e outras entidades públicas e privadas.

Os premios recoñecerán accións, programas, campañas, proxectos etc. e que teñan como obxectivo a promoción do uso e do prestixio da lingua galega. Co fin de delimitar cronoloxicamente os premios, só poderán ser candidatas as accións, campañas ou proxectos que tivesen vixencia, total ou parcialmente, en 2018, 2019 ou 2020.

O prazo para inscribir proxectos é do 17 de febreiro ao 5 de abril de 2020.

Toda a información na páxina da CTNL

INTERROMPIDO O PRAZO POR MOR DO CORONAVIRUS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario