luns, 23 de decembro de 2019

COMINIDADE DE CREADORES DE CONTIDOS EN GALEGO (CCCG)


Este mes de decembro comeza a súa andadura un novo colectivo na Coruña. Trátase de CCCG, a Comunidade de Creadores de Contido en Galego, que nace coa vontade de reunir na cidade a persoas interesadas na creación de contidos de todo tipo en lingua galega.
Trátase, tal e como explica o propio colectivo, dun “espazo aberto, plural, de balde” e para persoas -con independencia da súa idade, profesión ou nivel de coñecementos- que queiran compartir experiencias e aprender de maneira colaborativa a crear mellores contidos.
Toda a información en corunadixital.gal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario