luns, 20 de febreiro de 2023

Celga autoaprendizaxe

 

A Secretaría Xeral de Política Lingüística tamén ofrece a través da súa plataforma de teleformación CURSOS CELGA DE AUTOAPRENDIZAXE nos seus catro niveis, aos que a cidadanía pode acceder libremente en calquera momento, pois non están suxeitos a límites de prazas nin a datas de impartición. Estes cursos inclúen exercicios de léxico, gramática e comprensión e expresión oral e escrita, con actividades nas que o propio alumnado pode comprobar os seus progresos e consultar as respostas.

A inscrición poderá realizarse a partir da segunda quincena de febreiro na plataforma de teleformación de Política Lingüística

Podes acceder á plataforma de teleformación no seguinte enlace: https://formacion-lingua.xunta.gal/

Durante o prazo de inscrición dos cursos titorizados do Celga 2, Celga 3 e Celga 4, que vai do 13 de febreiro ao 3 de marzo, non se poderá acceder aos cursos de autoaprendizaxe destes mesmos niveis, co fin de evitar confusións. Isto non afecta o curso de autoaprendizaxe do Celga 1, ao que si se poderá acceder.

Ningún comentario:

Publicar un comentario