A área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña lanza a campaña #Unoutonocheodeletras, unha iniciativa que se desenvolverá a través de redes sociais coa que buscan fomentar a lectura e libro galego.
Esta campaña fará fincapé na importancia da lectura para a formación das persoas e tamén o papel que xoga na dinamización da lingua.
O proxecto sorteará 1.000 euros en 'Bonos-libros' que os internautas poderán utilizar na libraría da provincia da Coruña que elixan.
Rematará o vindeiro 24 de outubro, Día das Bibliotecas.
Toda a información na área de Normalización Lingüística.
Ningún comentario:
Publicar un comentario