A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha un novo curso preparatorio do Celga 1. Esta nova versión terá unha modalidade titorizada para a que cómpre inscrición previa e outra de autoaprendizaxe dispoñible en aberto e de forma permanente no Portal da Lingua Galega, co cal se garante un acceso ilimitado á aprendizaxe do galego en calquera momento e desde calquera lugar. Nesta segunda modalidade as persoas usuarias van avanzando grazas aos exercicios de autorresolución e aos exemplos de resposta. Outra novidade está no feito de que parte dos materiais están adaptados á lectura fácil e, así, todas aquelas persoas que teñan dificultades lectoras e/ou de comprensión verán como o acceso á aprendizaxe lles resulta máis doado.
Podes ter toda a información en O Portal da Lingua Galega
Ningún comentario:
Publicar un comentario