A campaña 'Vai de Peixe' anima os 'millennials'
galegos a escribir relatos curtos sobre os produtos do mar mediante o
concurso 'Vai de Letras'.
A iniciativa está dirixida ás mozas e mozos de entre 18 e 35 anos
residentes en Galicia, que poderán participar neste certame ata o
vindeiro 28 de maio.
Terán que crear un relato curto en galego de
150 palabras e relacionado coa temática de ‘Vai de Peixe’ a partir da
frase de inicio “Queremos a vida como queremos o peixe, sen espiñas,
pero...”
O autor da mellor peza narrativa recibirá como premio un lote de libros e un teléfono móbil intelixente.
Texto tirado do Portal da Lingua Galega, onde poderás consultar toda a información.
Ningún comentario:
Publicar un comentario