Desde o próximo día 5 de maio, e durante tres semanas, coincidindo co
mes das letras, Nós Diario vai desenvolver un curso de lingua galega
centrado na mellora de usos para, desta maneira, aproximarse a unha
maior calidade de lingua. Un traballo que conta coa colaboración do
Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.
Neste curso -composto por 15 leccións- e que se desenvolve nas catro páxinas centrais do xornal impreso,
ponse máis o foco en afianzar usos do que en ensinar gramática, pois o
coñecemento correcto da gramática está, moitas veces, interferido pola presenza do español como lingua A, isto é, aquela que goza dunha posición social preeminente.
Texto tirado de https://www.nosdiario.gal
Ningún comentario:
Publicar un comentario