Cada 17 de maio
celebramos o Día das Letras Galegas. A Real Academia Galega escolleu
esta data por ser o día no que se publicou o primeiro exemplar de
Cantares Gallegos
de Rosalía de Castro en 1863. Cada ano dedícase este día a un
persoeiro da cultura galega. Hogano a personalidade escollida é
Ricardo Carballo (Carvalho) Calero. Por mor do estado de alarma
sanitaria, a RAG aprazou a celebración por primera vez na historia
ao 31 de outubro, o día seguinte ao 110 aniversario do nacemento do
homenaxeado.
Carballo (Carvalho) Calero
é unha persoa importantísima na nosa cultura, máis un gran
descoñecido por moitos de nós.
Axúdasnos a coñecelo?
Cóntanos nos comentarios algo que saibas
de don Ricardo, o que máis che sorprende del, un anaco da súa
obra.... o que queiras compartir para que entre todos e todas
difundamos o labor deste gran autor.
Carvalho Calero, un sabio entrañable con aparencia fuxidía.
ResponderEliminarDaniela comparte con nós o seguinte enlace: https://m.youtube.com/watch?v=vbKImtmFF60
ResponderEliminar