O CEIDA acaba de poñer en marcha a iniciativa #LendoNatureza,
unha campaña que pretende unir a natureza e a literatura a través da
participación cidadá nas redes sociais. A forma de participar é moi
sinxela:
- Grava un vídeo de 60 segundos (máximo) recomendando ou lendo algún parágrafo dun libro de contido ambiental. Poden ser obras literarias dirixidas a público adulto, infantil ou xuvenil; guías de natureza; ensaios, obras técnicas...
- Compárteo nas túas redes sociais (Facebook, Twitter ou Instagram) co cancelo #LendoNatureza e nomea ou etiqueta ao CEIDA (@ceida.educacion.ambiental en Facebook e @ceida_galicia en Twitter e Instagram)
- Se non tes posibilidade de compartilo directamente nas túas redes, podes envialo a difusion@ceida.org ou ao teléfono 638 16 93 16 (whatssap ou telegram) e o equipo do CEIDA subiráo por ti ás súas canles.
- Os vídeos poden compartirse ata o vindeiro domingo 26 de abril!
Fonte: CEIDA
Ningún comentario:
Publicar un comentario