venres, 28 de febreiro de 2020

XI PREMIO ROSALÍA DE CASTRO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Con este premio a Deputación provincial pretende recoñecer iniciativas, traballos ou entidades comprometidas coa promoción e uso do galego.
Convócase con dúas categorías, unha categoría para recoñecer aquela persoa, colectivo, entidade ou asociación que destaque na promoción da lingua galega e outra específica para quen traballa coa dinamización da poboación de menor idade, infancia e mocidade. 
O prazo para presentar candidaturas remata o 30 de abril.
Convocatoria publicada no BOP do 21.02.2020

Ningún comentario:

Publicar un comentario