martes, 10 de decembro de 2019

PALABRA DO ANO



Que termo merece converterse na Palabra do Ano 2019? Achega a túa proposta nesta ligazón.


Trátase dunha iniciativa da RAG e a Fundación Barrié, iniciada alá polo 2014.


A escolla consistirá nun proceso colectivo de tres fases.

Primeira fase

Recepción de propostas. Recolleranse suxestións ata as 23:59 horas do domingo 15 de decembro. Se non te dás decidido por unha, podes mandar varias palabras.

Segunda fase

Ábrese o luns 16 de decembro. De entre todas as propostas rexistradas na fase primeira, elixiranse as palabras máis repetidas ou algunha que represente unha temática compartida por distintas persoas participantes. Poderase votar polas finalistas ata o mércores 25 de decembro ás 23:59 horas.

Terceira fase

Tras recontarmos os votos, o venres 27 de decembro desvelaremos cal é a Palabra do Ano 2019.

Ningún comentario:

Publicar un comentario