luns, 23 de decembro de 2019

NÓS TAMÉN CREAMOS!

Convócase unha nova edición dos premios a curtas de animación en galego.

Establécense tres categorías para as que se convoca cadanseu premio:

  • Categoría 1: destinada a curtas realizadas con alumnado do segundo ciclo de educación infantil

  • Categoría 2: destinada a curtas realizadas con alumnado de primeiro e segundo de educación primaria

  • Categoría 3: destinada a curtas realizadas con alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria

O profesorado participante nas curtas premiadas recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa para cada unha das categorías, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.

O prazo de presentación das solicitudes rematará o día rematará o día 20 de xaneiro de 2020 e a data límite de envío das curtas será o 30 de abril de 2020.

Podes ver toda a información na páxina lingua.gal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario