martes, 5 de novembro de 2019

SIMPOSIO ANTONIO FRAGUAS

A Real Academia Galega, o Museo do Pobo Galego, o Consello da Cultura Galega e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas, co apoio da Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, reúnen neste simposio de peche das Letras Galegas 2019 unha vintena de voces que profundarán na pegada de Antonio Fraguas na cultura galega e no seu legado nos estudos de etnografía, folclore, xeografía e arqueoloxía.

Máis información en lingua.gal

Ningún comentario:

Publicar un comentario