mércores, 13 de novembro de 2019

CURSO DE LINGUAXE DE SIGNOS PARA PERSOAS VOLUNTARIAS






A Consellería de Política Social ofrece un curso de lingua de signos para persoas voluntarias. Esta formación será presencial (ofertouse outra en liña da que están cubertas as prazas) e terá lugar no centro coordinador de información e documentación xuvenil de Santiago de Compostela.

O curso está composto por 30 horas divididas en tres unidades diferentes. Conta con 15 prazas e ten aberta a súa inscrición para participar nas clases que se realizarán os días: 18, 19, 20, 21, 25, 26, 27 e 28 de novembro e 2 e 3 de decembro entre as 17 e 20 horas.

Máis información na web da Xunta de Galicia

Ningún comentario:

Publicar un comentario