venres, 4 de outubro de 2019

XXVI PREMIOS DE PUBLICIDADE EN GALEGO

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Parlamento de Galicia e o Foro Enrique Peinador convocan conxuntamente a vixésimo sexta edición dos Premios de Publicidade en Galego. Establécense cinco premios, un por cada unha das seguintes categorías: radio, televisión, Internet, prensa escrita e un extraordinario para proxectos elaborados polo alumnado de centros educativos. O prazo de inscrición e de presentación dos traballos está aberto ata o 18 de outubro de 2019. 

Máis información no Portal da Lingua Galega

Ningún comentario:

Publicar un comentario