venres, 25 de outubro de 2019

ASTÉRIX: "A FILLA DE VERCINXETÓRIX"

Xa podemos atopar nas librerías unha nova aventura de Astérix en galego. 
Publicado por Edicións Xerais na versión en galego, poderase ler á vez que a súa edición francesa, inglesa ou castelá, entre outras vinte linguas.
Nesta nova entrega, unha misteriosa adolescente chega de noite á aldea escoltada por dous xefes arvernos. Xulio César e os seus lexionarios búscana, pois murmúrase que o pai desta enigmática visitante non é outro que... o gran Vercinxetórix, vencido dous anos antes en Alesia. O álbum é responsabilidade de Jean-Yves Ferri no guión e Didier Conrad na ilustración, como xa sucedeu nas últimas historias, publicadas nesta década.

Ningún comentario:

Publicar un comentario