mércores, 24 de outubro de 2018

MALAS LINGUAS

Onte, 23 de outubro, realizouse a primeira das xornadas de Malas Linguas, programa da Deputación Provincial da Coruña co que pretende crear un foro de reflexión sobre como gañar novas persoas falantes de galego no século XXI.
Esta primeira xornada titulada "Lingua, discurso e políticas públicas"  tivo lugar no Pazo de Mariñán (Bergondo) e contou con interesantes relatores como o profesor e escritor Suso Fernández Acevedo, a actriz  María Vázquez, os profesores Nel Vidal e Valentina Formoso. Ademais presentáronse as experiencias do proxecto europeo Tosta na voz da entidade vasca Topagunea, a plataforma catalá SomEscola e a galega A Mesa pola Normalización.

Máis información sobre as xornadas en Malas Linguas

Ningún comentario:

Publicar un comentario