O pasado 8 de outubro celebrouse, como cada ano, o Día da Ciencia en Galicia.
Este día foi instituído pola Real Academia Galega de Ciencias para dar a coñecer galegos, ou persoas que realizaran o seu traballo en Galicia, que contribuíron ao desenvolvemento do ámbito científico no noso país.
A persoa elixida como Científico Galego 2018 é o matemático e xeógrafo Domingo Fontán Rodríguez, autor da Carta Geométrica de Galicia, impresa no 1845.
O Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Real Academia Galega de Ciencias e a Xunta de Galicia, editou unha unidade didáctica sobre este ilustre personaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario