Hoxe, 17 de maio ás 12:00 h, farase a entrega de premios dos certames organizados polo Concello de Miño co gallo do Día das Letras Galegas 2018.
Deseguido, Pedro Brandariz relataranos "O Cataventos".
Ademais, inaugúrase a exposición das obras premiadas nos certames, xunto cunha exposición sobre a vida e obra de Mª Victoria Moreno. Estará aberta ata o 3 de xuño en horario de tarde no centro social da Rúa.
E do 5 ao 17 de xuño serán expostas todas as obras presentadas nos certames no C.P.I. Castro Baxoi de Miño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario