xoves, 14 de febreiro de 2019

CURSOS EGAP

A Escola Galega de Administración Pública convoca cursos para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

Concretamente, os cursos relacionados coa lingua galega son os seguintes: 

  • A calidade da redacción administrativa.Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos. Código FC19017

  • Actualización gramatical e ortográfica na lingua galega. Código FC19069

  • Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego. Código FC19051

O prazo de presentación de solicitudes é ata o 15 de febreiro.

A inscrición deberase facer telematicamente na EGAP.

A convocatoria foi publicada no DOG Núm. 26 do 6 de febreiro de 2019.

Ningún comentario:

Publicar un comentario