venres, 4 de xaneiro de 2019

22ª EDICIÓN DO PREMIO DE POESÍA CONCELLO DE CARRAL

O Concello de Carral, a través do seu departamento de Cultura, ven de convocar unha nova edición do seu premio de poesía, que está dotado con 2500 euros e a publicación da obra gañadora en Edicións Espiral Maior.
Poderán presentar obras os autores e autoras maiores de idade, con poemarios cun mínimo de 500 versos escritos en lingua galega.
O prazo de presentación remata o 6 de abril.
Máis información no Concello de Carral

Ningún comentario:

Publicar un comentario