xoves, 19 de outubro de 2023

luns, 18 de setembro de 2023

Probas CELGA 2, 3 E 4

Datas de realización: 2ª quincena de novembro de 2023 Lugar de realización: Santiago de Compostela e Ponferrada Código de procemento: PL500C Prazo de presentación: até o 25.09.2023 Contía das taxas de exame: 16,92 € Publicación: DOG núm. 167 do 04.09.2023 Información: http://www.lingua.gal

martes, 7 de marzo de 2023

Probas CELGA

Niveis 1, 2, 3 e 4

Datas de realización: maio e xuño de 2023

Lugar de realización: Santiago de Compostela e Ponferrada

Código de procemento: PL500C 

Prazo de presentación: até o 27.03.2023

Contía das taxas de exame: 16,92 €

Publicación: DOG núm. 45 do 06.03.2023

Información: http://www.lingua.gal

luns, 6 de marzo de 2023

XIV Premio “Rosalía de Castro” de Lingua 2023

A Deputación da  Coruña convocada unha nova edición do Premio Rosalía de Castro.

Establece unha dotación de 5.000 euros para cada unha das súas tres categorías: á persoa e á entidade que máis destaquen na promoción da lingua galega e ao mellor proxecto de dinamización lingüística para a poboación de menor idade

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 28 de abril.

As bases foron publicadas no BOP do 28.02.2023.

venres, 24 de febreiro de 2023

Rosalía

 Día de Rosalía

23 de febreiro de 2023

O Concello de Miño celebrou o aniversario do nacemento da nosa autora máis universal participando na lectura da obra de Rosalía de Castro por parte do alumando do C.P.I. Castro Baxoi de Miño.

As rapazas e os rapaces do noso cole fixeron un cumprido percorrido pola obra da escritora e lembraron tamén a figura do seu home, Manuel Murguía, destacado impulsor do Rexurdimento galego, do que se cumpren hogano 100 anos do seu pasamento.

Pola nosa banda, quixemos lembrarnos do seu Repoludo Gaiteiro




Actividade subvencionada por 

                      




luns, 20 de febreiro de 2023

Celga autoaprendizaxe

 

A Secretaría Xeral de Política Lingüística tamén ofrece a través da súa plataforma de teleformación CURSOS CELGA DE AUTOAPRENDIZAXE nos seus catro niveis, aos que a cidadanía pode acceder libremente en calquera momento, pois non están suxeitos a límites de prazas nin a datas de impartición. Estes cursos inclúen exercicios de léxico, gramática e comprensión e expresión oral e escrita, con actividades nas que o propio alumnado pode comprobar os seus progresos e consultar as respostas.

A inscrición poderá realizarse a partir da segunda quincena de febreiro na plataforma de teleformación de Política Lingüística

Podes acceder á plataforma de teleformación no seguinte enlace: https://formacion-lingua.xunta.gal/

Durante o prazo de inscrición dos cursos titorizados do Celga 2, Celga 3 e Celga 4, que vai do 13 de febreiro ao 3 de marzo, non se poderá acceder aos cursos de autoaprendizaxe destes mesmos niveis, co fin de evitar confusións. Isto non afecta o curso de autoaprendizaxe do Celga 1, ao que si se poderá acceder.