xoves, 13 de decembro de 2018

NÓS TAMÉN CREAMOS!


A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convocan as bases e os premios ás curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2018/2019.

Premios:
Establécense tres categorías para as que se convoca cadanseu premio:
  • Categoría 1: destinada a curtas realizadas con alumnado do segundo ciclo de educación infantil.
  • Categoría 2: destinada a curtas realizadas con alumnado de primeiro e segundo de educación primaria.
  • Categoría 3: destinada a curtas realizadas con alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria.
O profesorado participante nas curtas premiadas recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa para cada unha das categorías, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.

O prazo de presentación das solicitudes rematará o día rematará o día 12 de xaneiro de 2019.

Máis información no Portal da Lingua Galega

Ningún comentario:

Publicar un comentario