xoves, 13 de decembro de 2018

CERTAME DE NARRACIÓNS BREVES MANUEL MURGUÍA






O Concello de Arteixo convoca a 27ª edición do Certame de narracións breves Manuel Murguía.


Os relatos: Deben ser orixinais e inéditos (non publicitados en ningún soporte, físico ou dixital) escritos en lingua galega, enviados baixo plica antes do 15 de febreiro próximo e cumprindo todas as condicións estipuladas nas Bases (consultar pe de páxina).

Os premios: Un primeiro premio dotado con 4.000,00 €, un segundo de 500,00 € e un terceiro de 300,00 €, todos eles sometidos á correspondente retención.

Información: Para dúbidas pódese chamar ao 981 659 100 do Centro Cívico Cultural ou escribir a cultura@arteixo.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario