xoves, 26 de abril de 2018
PORQUE ME PETA!
Co gallo da conmemoración do vindeiro Día das Letras Galegas, un grupo de persoas está a difundir en Internet a iniciativa Porque me peta!,
co obxectivo de renderlles unha homenaxe a todas as nenas e nenos que
falan galego. Os/as promotores/as da iniciativa fan un chamamento á
cidadanía no seu conxunto, e especialmente a aquelas persoas que
traballan en ámbitos mediáticos coma o deporte, a música ou o
audiovisual, para que elaboren pequenos vídeos de 5 ou 10 segundos con
mensaxes de agradecemento a todos estes nenos e nenas que manteñen vivo o
noso idioma. Con todas as mensaxe farase un vídeo colectivo que se
estreará nunha festa infantil (con música, xogos, comida, maxia, contos,
pintura...) que terá lugar o vindeiro 17 de maio de 2018 en Ourense.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario