xoves, 26 de abril de 2018

CURSOS DA EGAP

A Escola Galega de Administración Pública convoca cursos de formación continua para o  persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas  instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional. Entre a formación  programada, ofértanse os seguintes cursos de contido lingüístico: “Linguaxe administrativa non   sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública” e “Actualización gramatical e ortográfica da lingua galega”. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais, contados a   partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no  DOG Núm. 78 Luns, 23 de abril de 2018.

Ningún comentario:

Publicar un comentario