venres, 27 de xaneiro de 2017

2ª Edición do Concurso Balbino de Relatos

A segunda edición do Concurso Balbino de Relatos premiará o mellor traballo inspirado no rural galego. A iniciativa, que inclúe como premio 1.500 euros e a publicación da obra por Edicións Fervenza, pretende “ser un estímulo para todas as persoas que queiran promover e dar a coñecer Galicia e a súa lingua e cultura propias desde as temáticas máis vencelladas á nosa tradición, idiosincrasia ou costumes”.

A segunda edición do Concurso Balbino de Relatos impúlsaa Técnicas & Gramaxes co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Fundación Xosé Neira Vilas, dos concellos de Vila de Cruces e Boqueixón e mais da Deputación de Pontevedra. Ten como obxectivo promover o uso da lingua e da literatura galegas e apoiar os escritores e escritoras novos ou xa consagrados.

Poderán presentarse a el textos orixinais, propios e inéditos (relatos ou serie de relatos) inspirados na temática do rural galego ata o vindeiro 30 de xuño e concorrerán a un premio único de 1.500 euros e mais a publicación da obra por Edicións Fervenza.

Na primeira edición fíxose co premio o coruñés Xián Lois Alcayde Dans pola obra Camiños na sombra. 

Toda a información en http://www.concursobalbino.com/.


Ningún comentario:

Publicar un comentario