domingo, 17 de maio de 2020

Día das Letras Galegas

Cada 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas. A Real Academia Galega escolleu esta data por ser o día no que se publicou o primeiro exemplar de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro en 1863. Cada ano dedícase este día a un persoeiro da cultura galega. Hogano a personalidade escollida é Ricardo Carballo (Carvalho) Calero. Por mor do estado de alarma sanitaria, a RAG aprazou a celebración por primera vez na historia ao 31 de outubro, o día seguinte ao 110 aniversario do nacemento do homenaxeado.

Carballo (Carvalho) Calero é unha persoa importantísima na nosa cultura, máis un gran descoñecido por moitos de nós.
Axúdasnos a coñecelo?
Cóntanos nos comentarios algo que saibas de don Ricardo, o que máis che sorprende del, un anaco da súa obra.... o que queiras compartir para que entre todos e todas difundamos o labor deste gran autor.

2 comentarios:

  1. Carvalho Calero, un sabio entrañable con aparencia fuxidía.

    ResponderEliminar
  2. Daniela comparte con nós o seguinte enlace: https://m.youtube.com/watch?v=vbKImtmFF60

    ResponderEliminar