Baía Edicións vén
de liberar unha escolma de títulos co obxectivo de posibilitar que “o
tempo transcurra máis rápido, deixando que a imaxinación e o
agradecemento percorran espazos alén das paredes que nos reclúen a unha
contorna física moi limitada”.
As propostas son as que se recollen deseguido:
Para nenas e nenos de 4-6 anos:
- Nube branca quere ser astronauta de Pablo Nogueira e Manuel Uhía (ilustracións).
- Un día de treboada de María de Mata e María Riestra (ilustracións).
- O dragón comemedo RuAn (texto e ilustracións).
Para nenas e nenos de 7-8 anos:
- A casa máis animada do mundo de Cristina Sáez Cazallas e Almudena Aparico (ilustracións).
- O tempo do revés de María Solar, Arturo Iglesias e Xosé Tomás (ilustracións).
Para nenas e nenos de 9-10 anos:
- Boa sorte de María Solar, Arturo Iglesias e Xosé Tomás (ilustracións).
- Moko de Cristina Sáez Cazallas e Fernando Juárez (ilustracións).
Para maiores de 12 anos:
- A herdanza do marqués de Conchi REgueiro e Noemí López Vázquez (ilustracións).
- Diario dunha noiteboa de Jacobo González Outes.
- Liliput de Manuel Lugrís Rodríguez.
Fonte Nós Diario
Ningún comentario:
Publicar un comentario