A Academia ofrece na Rede duascentas publicacións propias.
Milleiros de páxinas editadas pola Real Academia
Galega dende o ano 1906 xa poden lerse na Rede nun novo espazo web da
institución, publicacions.academia.gal,
concibido para facilitar non só a consulta aos usuarios, senón tamén o
acceso directo a un importante número de títulos. O portal permite
consultar o catálogo de monografías propias saídas do prelo desde o ano
da inauguración da institución ata a actualidade, máis de 350 volumes,
200 dos cales están dispoñibles en PDF de descarga gratuíta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario