venres, 2 de novembro de 2018

MES DA CIENCIA EN GALEGO


Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia.

As bibliotecas conmemoran en novembro o mes da ciencia en galego con actividades para todos os públicos.

A programación, promovida polas consellerías de Cultura e Educación a través das bibliotecas centrais territoriais e escolares e do labor dos equipos de dinamización da lingua galega inclúe espectáculos de maxia, contacontos, charlas e obradoiros.

O profesor titular de Bioloxía da Universidade de Vigo, Luis Navarro, é o autor do texto conmemorativo deste ano.

 A programación completa pode consultarse no seguinte enlace http://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647062&name=DLFE-17911.pdf

Como cada ano, a Secretaría Xeral de Política Lingüística divulga desde o Portal da Lingua Galega, en www.lingua.gal, as mellores prácticas e recursos elaborados polos equipos de dinamización da lingua galega. 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario