xoves, 8 de novembro de 2018

GALIZIONARIO

A Universidde de Vigo acollerá o Emlex Wiktionary Hackfest, primeiro maratón dirixido a incorporar contidos ao Galizionario, versión galega do proxecto Wiktionary, o dicionario impulsado pola Wikimedia Foundation no que son os propios usuarios e usuarias os responsables da incorporación dos contidos, que ata hoxe conta con máis de 53.000 entradas.

A actividade desenvolverase na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte o 16 de novembro e está aberta á participación de calquera persoa interesada, incluso para “aquelas persoas que non poidan vir a Pontevedra pero que queiran sumarse editando desde as súas casas”, segundo o sinalado polo propio coordinador do acto, Carlos Valcárcel.

Máis información na Universidade de Vigo

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Ningún comentario:

Publicar un comentario