xoves, 18 de outubro de 2018

`TOPONIMÍZATE' EN MIÑO

 

A segunda edición de ‘Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra’ bota a andar o vindeiro mércores, 24 de outubro, en 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), entre os que se atopa Miño.

A iniciativa ofrece encontros en aberto dirixidos á cidadanía en xeral nos que persoal técnico especialista en toponimia pon en valor a microtoponimia, co obxectivo de concienciar sobre a importancia e a necesidade da xeorreferenciación e xeolocalización deste patrimonio inmaterial. 

Falarase de toponimia galega (os motivos da abundancia de nomes de lugar no país, a toponimia galega como patrimonio inmaterial...) e tamén da propia de cada concello (significado dos nomes das parroquias e das aldeas; como consultar a toponimia xeorreferenciada de cada municipio no buscador de topónimos; utilidades desta ferramenta...).

Ningún comentario:

Publicar un comentario