O sábado 22 de setembro tivo lugar en Santiago de Compostela a
constitución da Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e Coñecemento Libre
(A3Gal).
Esta asociación operará cos seguintes obxectivos:
1. Contribuír a que o saber e a cultura sexan accesibles
para todas as persoas, a través da difusión directa de enciclopedias, libros,
imaxes e outras compilacións de documentos que se presenten nun formato libre.
2. Difundir as obras que fosen liberadas polas persoas
autoras destas con licenza libre, é dicir, cun formato libre e gratuíto, de tal
xeito que en relación co seu contido, calquera persoa poida acceder, con
liberdade para:
- utilizar os contidos e desfrutar dos proveitos do seu uso;
- estudar os contidos e aplicar os coñecementos que se deriven;
- facer copias e volver redistribuílas; e ‘modificar os contidos e facer unha nova distribución das obras derivadas. Todo isto sen prexuízo de que as diversas persoas autoras sigan a ser propietarias das súas obras.

3. Converterse nun nodo máis deste intercambio de
coñecementos universal, achegando contidos xerados pola nosa propia cultura, e
en lingua galega.
A enciclopedia libre en galego pódese consultar en https://gl.wikipedia.org/wiki/Portada
Fonte: Observatorio da Lingua Galega e Código cero
Ningún comentario:
Publicar un comentario