martes, 12 de xuño de 2018

CONCURSO DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL DA EGAP


Persoas destinatarias: Poderán optar aos premios os nenos e nenas galegos con idades comprendidas nestas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos. A idade estará referida á data de finalización do prazo de presentación de traballos.
Dotación:
De 9 a 11 anos De 12 a 14 anos
1º premio 250 euros 250 euros
2º premio 200 euros 200 euros
3º premio 150 euros 150 euros

Características: os contos deberán redactarse en lingua galega e a súa temática será libre, á elección das persoas participantes. Os textos deberán ser presentados en folios A4, mecanografados por unha soa cara, a un espazo e medio, con formato de fonte Times New Roman, tamaño 12 e cunha extensión mínima dun folio e máxima de cinco.

Forma, lugar e prazo de presentación das solicitudes: as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo para a presentación das solicitudes rematará o 18 de xuño de 2018.
Máis información na páxina da EGAP (https://egap.xunta.gal/fichanova/id/283) ou no DOG do 16 de maio

Ningún comentario:

Publicar un comentario