venres, 27 de abril de 2018

A CAMPAÑA "O GALEGO: A MIÑA LINGUA" EN MIÑO


A Deputación anima a mocidade a usar o noso idioma coa campaña "O galego: a miña lingua"
Potenciar o uso asiduo do galego en todos os ámbitos da vida e afortalar a identidade linguística da poboación moza, estes son dous dos obxectivos trabe da nova campaña de dinamización linguística lanzada pola Deputación da Coruña, e que durante os vindeiros meses percorrerá os centros de ensino secundario de 43 concellos da provincia.
As poetas Antía Otero, Rosalía Fernández Rial, as contadoras Paula Carballeira ou Aldaolado; Xurxo Souto, MJ Pérez, García MC, Davide Salvado, Monoulious Dop ou Laura Romero do mundo da música; Irene Lourido ou María Yáñez do xornalismo e novas tecnoloxías e Sokram e Mou do graffiti forman parte da ampla nómina de participantes do novo programa co que a Deputación da Coruña quere animar á xente moza a usar a nosa lingua.
Deste xeito, as mozas e mozos con idades comprendidas entre os 13 e os 17 anos, participarán nunha campaña promoción lingüística que visitará durante o presente ano os centros de ensino secundario dos concellos de A Baña, A Coruña, A Pobra do Caramiñal, Abegondo, Ames, Arteixo, Arzúa, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Culleredo, Dumbría, Ferrol, Fisterra, Melide, Miño, Muros, Narón, Oleiros, Oroso, Outes, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Sada, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Vimianzo, Cerceda, Ordes, Frades, Trazo, Tordoia e Mesía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario