Cantigas medievais galego-portuguesas: corpus integral profano
Recolle preto de 1.700 composicións de amor, amigo e
escarnio e maldicir, é dicir, o corpus completo das cantigas galaico portuguesas profanas. Edítanse en dous volumes que compendian o corpus, o
tratado Arte de trovar e unha análise musical da obra.
Esta obra está
encadrada dentro do proxecto denominado Littera da Universidade Nova de Lisboa,
que xa dixitalizara este corpus, poñéndoo logo á disposición de todas as
persoas interesadas a través da súa páxina web http://cantigas.fcsh.unl.pt/
A
obra foi presentada o pasado 30 de xaneiro na Biblioteca Nacional de Lisboa (http://bit.ly/2kWxp1i)
Ningún comentario:
Publicar un comentario