luns, 30 de xaneiro de 2017

Entrevista a Hakan Casares en Radio Miñoca

embed imageMiño, luns, 30 de xaneiro de 2017- Alumnos de Radiomiñoca –a emisora escolar do CPI Castro Baxoi- entrevistarán mañá, martes, día 31, ás 16,00 horas, a Hakan Casares, fillo do escritor ó que este año está adicado o Día das Letras Galegas. O encontro cos rapaces terá como escenario as instalacións do centro.

O fillo de Carlos Casares desprazaráse dende Vigo para respostar ás preguntas que lle formulen os alumnos de Radiomiñoca. Durante a entrevista, desgranaráse a traxectoria vital, política e intelectual do escritor nado en Ourense.
Con motivo do Día das Letras Galegas, que se celebra o vindeiro mes de maio, alumnos do CPI Castro Baxoi e do colegio Virxe da Cela, de Monfero, fixeron a semana pasada, por primeira vez, un programa conxunto de radio que xirou en torno á figura de Carlos Casares e que contou cos testimonios do actual director xeral de Galaxia, Francisco Castro; o membro da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo; e o decano do Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia, Lois Pereiro.

Máis información en http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicastrobaxoi/

Ningún comentario:

Publicar un comentario