venres, 27 de maio de 2016

XIII Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras

Dúas modalidades: campaña normalizadora e idea para a promoción do galego

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan a décimo terceira edición do Premio “Luísa Villalta” a Iniciativas Normalizadoras cos seguintes obxectivos

Participantes

Todos os membros da comunidade universitaria galega ben de xeito individual, ben en grupos.

Modalidades

a) Deseño dunha campaña normalizadora que desenvolva unha iniciativa orixinal cuxo obxectivo sexa fomentar o uso do galego no ámbito universitario.
b) Unha idea para a promoción do galego
As solicitudes presentaranse nos rexistros xerais das tres universidades e dirixiranse aos respectivos servizos (ou área) de Normalización Lingüística.

Prazo de presentación

As 14:00 horas do 28 de outubro de 2016

Premios

1200 € para a persoa ou grupo que elaboren o deseño dunha campaña normalizadora
800 € para a persoa ou grupo que elaboren a idea para a promoción do galego

Máis información en http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/convocatorias?content=/Portal-Lingua/Contido/convocatoria/Premios/convocatoria_0035..html

Ningún comentario:

Publicar un comentario