A RAG difunde en versión dixital os seus fondos sobre as Irmandades da Fala
O 21 de marzo de 1916 saíu do prelo na Tipografía Obrera coruñesa a primeira edición de Nacionalismo gallego. Nuestra 'afirmación' regional.
Antón Villar Ponte defendía neste folleto o uso do galego en todos os
contextos e consideraba urxente fomentar o desenvolvemento da "Liga de
Amigos del Idioma". Esta obra, que se escribiu por razóns "de
propaganda" en castelán, abre o espazo web creado pola Real Academia
Galega para celebrar o centenario do nacemento das Irmandades da Fala,
fundadas o 18 de maio de 1916 no local que daquela tiña esta institución
na rúa Rego de Auga da Coruña.
Máis información en http://academia.gal/novas/-/asset_publisher/E4jf/content/a-rag-difunde-en-version-dixital-os-seus-fondos-sobre-as-irmandades-da-fala?redirect=http%3A%2F%2Facademia.gal%2Fnovas%3Fp_p_id%3D101_INSTANCE_E4jf%26p_p_lifecycle%3D0%26p_p_state%3Dnormal%26p_p_mode%3Dview%26p_p_col_id%3Dcolumn-1%26p_p_col_pos%3D1%26p_p_col_count%3D4
Ningún comentario:
Publicar un comentario